28/12/11

Proxecto novo estadio.


O Meira FC está de celebración, xa que o proxecto do novo campo está en marcha, e só queda buscarlle unha boa ubicación, ( seguramente ao lado da urbanización ). A financiación do campo será posible gracias a un seguro que o equipo levaba pagando desde fai algo máis de dúas décadas, e que agora lle permite a construcción do novo estadio.
O campo contará con amplas gradas, bar, e unhos vestiarios totalmente modernos, asi como unha pista de atletismo ao redor para a posible creación dun club de atletismo dentro do seo do Meira FC.
Aqui lles mostramos o proxecto do estadio, que se calcula que para finais de 2012-principios de 2013 estea totalmente finalizado.

20/12/11

S.D. MUIMENTA 0 – MEIRA F.C. 1

Victoria merecida do Meira F.C. o pasado Sábado no campo do Pichón. O Meira FC venceu nun partido bastante atípico xa que non realizou as diversas ocasións de gol das que dispuxo, pero que se adiantaria no marcador por parte de Rubén no 2º tempo. Co 0-1 chegaríase ó final do encontro, resultado corto pois puído ser de 0-3.
O Meira logra a terceira consecutiva logo de enfrentarse ó Guitiriz e Cervo, afianzándose nos postos altos da táboa. Tras o Muimenta, enfréntase ó Santaballés o dia 8 de Xaneiro na Lomba. Os dous seguintes serán contra o Iberia (5º clasificado) e Rioaveso(que está de 1º agora mesmo). Os próximos partidos serán decisivos xa que hai enfrontamentos directos e marcarán os postos de ascenso á 1ª rexional.
Esperámosvos na Lomba para que co voso apoio poidamos sacar adiante os próximos compromisos.

Dende a directiva desexarvos tamén a todos unhas FELICES FESTAS E FELIZ ANINOVO.

FORZA MEIRA!!!

S.D. CERVO 1 - MEIRA F.C. 2

O Meira FC vence na casa do líder da categoría, o S.D Cervo, o cal levaba 11 xornadas sen coñecer a derrota. O Meira conseguiu o máis difícil o día que con máis contratempos se viu. A multitude de baixas por motivos diversos fixo que no desprazamento Abel Fernandez Otero so contase con 11 xogadores de campo e o porteiro suplente. O equipo deu a cara e empregouse a fondo, tivo moito derroche físico e máis sabendo que non había recambios. O equipo estivo ben plantado todo o encontro e defendeu exitosamente ó Cervo. Realizou diversos contragolpes moi ben por parte de Mariñeiro e Rubén que fixeron moito dano. O equipo conseguía adiantarse antes do descanso por medio de Rubén. Pero sabía da complicidade que ía ter o 2º tempo... (sen cambios, fora da casa, o líder...) . A todos estes contratempos aínda se uniu o fallo arbitral, xa que Rubén e Mariñeiro elaboraron unha xogada na que Rubén chega a liña de fondo e colga un balón que Mariñeiro remata no centro da área e despois de golpear no largueiro acaba dentro da portería, saíndo este para fora de novo e non dando por válido o colexiado. O Cervo na seguinte xogada empata o partido. O desánimo e a crenza de inxustiza amargou as esperanzas pero os xogadores seguiron peleando e Rubén de novo volvía poñer o Meira por diante 1-2. Minutos despois ía quedarse con 10 pola expulsión de Fran. Chegaban os últimos 10 minutos nos que o Cervo, ó igual que todo o partido se adicou a xogar directo e a colgar balóns aéreos, os cales non lle foron suficientes, pois a zaga meirense aguantou as diversas embestidas.
Chegaba así o encontro ó seu fin, tras 5 minutos de desconto e un balón ó pao.

Agradecer o esforzo de todos os que xogaron e de todos os que se desprazaron para animarnos.

Sufrida victoria pero... máis que nunca FORZA MEIRA!!!

27/11/11

Meira F.C 3 - SD Guitiriz 0



O Meira FC consegue unha nova victoria na Lomba. O cadro de Abel Fernandez Otero faise cos 3 puntos contra un dos referentes da categoría nun partido moi bo dos locais. O primeiro tempo tivo algunha ocasión para adiantarse no marcador pero chegaríase o descanso con empate sen goles. Tras o descanso o Meira FC foi superior e dominou o encontro, así Rubén Fernández Rey abría a "lata" cunha boa xogada de Rubén. Máis tarde noutra chegada o balón queda morto ó borde da área e Fondoy Diego facía o 2-0. Nestes termos de dominio local unha xogada entre Rubén e Víctor López Hernández remataba co gol deste e conseguindo o 3º gol no marcador.

O Meira sitúase agora con 18 puntos, no 6º posto do taboleiro. A próxima xornada viaxamos para xogar contra o líder a Cervo e intentar conseguir algún punto.

Moitas grazas a todos polo voso ánimo.


FORZA MEIRA!!!

21/11/11

Sdr Sacido 1 - 1 Meira Fc

O Meira consegue un valioso empate fronte ao Sacido no encontro disputado este sábado en Viveiro. O conxunto que dirixe Abel fixo un bo partido en líneas xerais, gozando de ocasións para adiantarse no marcador, pero foi o Sacido o primeiro en adiantarse, na segunda metade, grazas a un penalti maxistralmente executado. No tramo final do partido o Meira conseguiu empatar mediante Víctor con un bo remate de cabeza tras un mal rexeite nunha falta. O Meira consegue asi un valioso punto que lle permite colocarse 8º con 15 puntos. O fin de semana que ven visitaranos o Guitiriz, un dos grandes da categoría. Esperamosvos na Lomba. Forza Meira !
Alineación: Mario,Jorge,Marcos,Dani,Julio,Hugo,Fondoy,Víctor,Miguel Pol,Rubén. Tamén xogaron César e Nito.

17/11/11

Meira FC 3 - 1 UD Folgueiro



O Meira logra unha nova victoria na Lomba. O partido foi bastante enrevesado, estando moi fora del o equipo local no primeiro tempo no que encaixou un gol. Tras o descanso os de Abel Fernandez Otero melloraron, presionaron ó Folgueiro na saída do balón e foron a polo partido. Vittin lograba o empate enviando ás mallas un córner botado por Rubén. O equipo seguiu presionando e Rubén conseguía o 2-1. Máis tarde e tras os cambios, unha gran xogada de Rubén era finalizada por Rey e facía o 3-1 final.
Destacar as dedicacións especiais dos tantos a Adolfo, a quen todos recordamos en cada encontro e quen seguro que nos axudou a remontar o partido.

Este partido sitúanos no 7º posto na zona tranquila da táboa, esperando seguir escalando posicións.

O próimo encontro será este Sábado 19 fronte ó Sacido ás 18:00 horas.

Forza Meira!

5/11/11



Hoxe o MEIRA FC sinte a morte de Adolfo, o seu máis fiel seguidor.
A persoa que nos seguiu aló a onde fomos, a persoa que animaba ó equipo dende que empezaba ata que acababa o partido ganase ou perdese, a persoa que sabía mellor ca todos nós todos os desprazamentos que nos tocaban. QUen nunca unha mala palabra lle deu a este equipo e a estes xogadores. Dende onde nos agardes esperamos poder conseguir moitos logros e poder adicarchos como tamén ti nos adicache todo o teu apoio, simpatía e corazón. Descansa en paz

30/10/11

Meira FC 2 - 2 Celta Barreiros

O Meira conseguiu un empate como local ante o Celta Barreiros. Os de Abel comezaron perdendo gracias a un gol de falta dos visitantes. Chegouse ao descanso con ese resultado, e cun meira que xa dispoñia de ocasións. No segundo tempo Rubén conseguiu o empate con un gran disparo pegado ao pao. Máis tarde o conxunto visitante volveuse a adiantar e de novo Rubén , esta vez de penalti, conseguindo asi o resultado final de 2-2. O Meira dispuxo de numerosas ocasións durante todo o partido pero que non foron capaces de materializar. Con este resultado colocámonos na 7º plaza á espera dos resultados de hoxe domingo. O martes volverase a xogar, no campo do Cospeito, ás 16:15 horas.

23/10/11

AD Matela 1 - 1 Meira FC

Alineación:
1-Victor
2-Sito
3-César
4-Julio
5-Dani
6-Hugo
7-Victor
8-Jorge
9-Marcos ( Fondoy )
10-Mariñeiro
11-Rubén
13-Eloy

O Meira segue sumando, esta vez un punto no campo do Matela nun partido no que os de Abel tiveron varias ocasións para adiantarse na primeira parte, pero non foron capaces de materializalas. asi pois foise ao descanso con 0 a 0 no marcador. Ao pouco de comezar a segunda metade o Matela adiantouse no marcador, pero o Meira non baixou os brazos e consegiu o empate gracias a unha contra ben executada por Fondoy, que lle cedeu o balón a Rubén para que batise ao porteiro local. Con este resultado rematou o partido, un punto nun campo complicado para seguir sumando e manterse alexados da zona de perigo.
Agradecemos o apoio da xente que se acercou ata o partido para animar.
Esperamosvos na Lomba o sábado que ven ante o Celta Barreiros.

22/10/11

Meira FC -Matela

O Meira visitará mañá ao Matela no seu feudo e intentará sumar 3 puntos que o coloquen nos postos altos da táboa, para continuar así a boa xeira de resultados. O equipo de Abel non contará con tódolos efectivos debido ás baixas de Rubén Rey, Fran e Nito. O partido disputarase no campo do Matela ás 16:30 h.

20/10/11


Futbollucense e unha web na que poderás atopar tódolos resultados dos equipos da provincia de Lugo teñen presenza na web, dende a 2ª B ata a Terceira Autonómica e tódalas categorías inferiores xunto con entrevistas,clasificacións,novas.....

www.futbollucense.com

Meira FC 4 - 2 Candelaria














O Meira consegue a súa terceira victoria consecutiva nesta tempada 2011/2012. O equipo meirego conseguiu os 3 puntos na 6ª xornada da 2ª rexional. Partido de claro dominio local que chegou ó descanso cun corto 1-0 obra dun fermoso gol de Rubén, merecendo máis que o rival e desperdiciando claras opcións de marcar máis goles. Tras o descanso a Candelaria fai o empate tras un disparo axustado á porteria defendida por Mario. Nunha acción aislada colócase co 1-2 e o Meira sufre o infortunio de ir perdendo nun partido que tiña dominado. Abel realiza cambios e Leivas no 65 materializa un libre directo que pon as táboas no marcador. O Meira seguía atacando e Víctor no 75 e Rubén de novo no 85 colocan o 4-2 final. Tras un comenzo de tempada complicado o Meira sitúase con 9 puntos no taboleiro empatando co Galdo e coa Candelaria e logra a súa terceira victoria. A próxima xornada enfrontase ó Matela o Domingo 23, esperando seguir sumando puntos e ascender na táboa. Forza Meira!

19/9/11

Meira FC - SD Rioaveso Machinango 2ª xornada

Derrota fronte o Rioaveso a segunda da tempada, nun patido que se puxo costa arriba os 30 segundos logo de un rexeite que acabou nos pes dun xogador visitante (en posicion dudosa) e que acabaria na rede tras o gol o Meira repuxose e comezou a crear ocasions pero que non eran ben finalizadas e no ultimo minuto da primeira metade aumentaria a vantaxe a favor do Rioaveso nun balon colgado a area, asi pois con un 0 a 2 na primeira metade o partido complicabase e mais cando a volta de vestiarios entraria o campo Fondoy que posteriormente seria expulsado por doble amonestación, previa falta e posterior protesta, tras a expulsion chegaria o definitivo 3 a 0, un marcador abultado e inxusto xa que o Meira mereceu algo mais. Ahora toca levantar o ánimo e pensar no vindeiro compromiso fronte o Sporting Pontenova.

15/9/11

Iberia CF - Meira FC 1º xornada

No primeiro encontro da tempada atopamonos con unha abultada derrota por 6 a 2 fronte ao Iberia o cal se supón un dos equipos fortes da categoría tras o seu descenso de 1ª rexional, partido que comezamos perdendo e no cal nos repuxemos con un gol de Marino que de pouco serviu xa que na seguinte xogada volveriamos a estar por detras no marcador tras un despiste da zaga, marchariamos o descanso xa con un 3 a 1 en contra e con Portela expulsado tras un erro na saída, xa na segunda metade e cos cambios acercamonos no marcador con outro gol de Marino pero co paso dos minutos chegaria o cansancio e a comezar a notarse a falta do porteiro polo que se ampliaria a derrota. A vindeira xornada esperamosvos na Lomba para comezar a tempada na casa con bo pé fronte o Sd Rioaveso Machinango.