20/10/11

Meira FC 4 - 2 Candelaria














O Meira consegue a súa terceira victoria consecutiva nesta tempada 2011/2012. O equipo meirego conseguiu os 3 puntos na 6ª xornada da 2ª rexional. Partido de claro dominio local que chegou ó descanso cun corto 1-0 obra dun fermoso gol de Rubén, merecendo máis que o rival e desperdiciando claras opcións de marcar máis goles. Tras o descanso a Candelaria fai o empate tras un disparo axustado á porteria defendida por Mario. Nunha acción aislada colócase co 1-2 e o Meira sufre o infortunio de ir perdendo nun partido que tiña dominado. Abel realiza cambios e Leivas no 65 materializa un libre directo que pon as táboas no marcador. O Meira seguía atacando e Víctor no 75 e Rubén de novo no 85 colocan o 4-2 final. Tras un comenzo de tempada complicado o Meira sitúase con 9 puntos no taboleiro empatando co Galdo e coa Candelaria e logra a súa terceira victoria. A próxima xornada enfrontase ó Matela o Domingo 23, esperando seguir sumando puntos e ascender na táboa. Forza Meira!

No hay comentarios: