19/4/12

MEIRA FC 4- SD Cervo 2


Victoria do Meira na antepenúltima xornada de campionato. Os de Abel Fernández derrotan ó lider da categoría que se coloca agora no terceiro posto. Os locais dominaron o partido de comenzo a fin. Ía ser Fondoy quen abrira o marcador cun fermoso gol chegando o descanso co 1-0. Xa na segunda metade Rey ía aproveitar un erro do meta Simón e poñer o 2-0 no marcador. O Cervo foi a por todas e conseguiu o 2-1, pero a entrada no campo de Rubén ía ser máis que acertada. O dianteiro meirego marcaba o 3-1, xusto despois o Cervo conseguía o 3-2 nunha xugada dubidosa. O Cervo seguía na tónica de colocar cente arriba e intentar marcar co xogo aéreo pero o Meira defendeuse ben. Ademáis Rubén ía conseguir de novo o 4-2 para o Meira selando así os 3 puntos. O Meira segue no 5° posto á espera da seguinte xornada ver cales son as posibilidades en canto os postos de ascenso.

O próximo partido é o próximo Domingo 22 ás 17 horas fronte a SD Muimenta. Necesitamos de novo unha victoria!!

Grazas a todos polo voso apoio sempre e do Sábado pasado en particular.

FORZA MEIRA!!!

SD Guitiriz 1 - MEIRA FC 6

De novo o equipo que dirixe Abel Fernández consegue os 3 puntos lonxe da Lomba. O Meira necesitaba gañar para seguir na loita polo ascenso e asegurarse matemáticamente o 5° posto do campionato de 2ª rexional. E así foi. O Guitiriz comenzou dominando o encontro e o Meira, ben plantado no campo non concedeu moitas ocasións. Ía ser Mariñeiro quen abriría o marcador e deixar os visitantes por diante no primeiro tempo. Xa no segundo, nos primeiros 5 minutos Mariñeiro cunha baselina e Rubén Rey tras un tiro á mesma escadra, ían poñer o partido do lado meirego. Pero Mariñeiro aínda aumentou a súa conta goleadora en 3 ocasións máis, incluíndo un gol olímpico. Os de Abel loitaron durante os 90 minutos e fixeronse co partido empregandose tácticamente e realizando contras moi perigosas.

O próximo partido disputaráse contra o Cervo o día sábado 14 de abril ás 17 horas na LOMBA. Dende aquí pedímosvos a todos que VEÑADES ANIMARNOS e que poidamos conseguir unha victoria de novo vital para todos. Esperámosvos!!

FORZA MEIRA!!!!!!