9/1/12

Meira FC 3 - 2 CD Santaballés


Nova victoria do Meira Fc na 15ª xornada do grupo 7 da Segunda Autonómica. O partido foi complicado, como se preveu, pois pola Lomba pasou o mellor rival da categoría polo de agora. Os locais fixeron un primeiro tempo con gran intensidade e Rubén encarrilou a victoria co 1-0 no minuto 40 tras un tiro axustado. O mesmo Rubén repetiría no 44 tras un balón en longo de Julio que Fondoy deixa pasar enganando así os defensores. Íase ó descanso cun enganoso pero meritorio 2-0, pois sabíase da dificultade dos 45 minutos restantes. E así foi, o C D Santaballes Santaballa foi a por todas no segundo tempo, adiantou as liñas e dispuxo de menos xogadores en zonas defensivas. No minuto 50 conseguiu o 2-1 nunha xogada que Fondoy non puido evitar en propia porta. 10 minutos máis tarde volvía a golpear encima da mesa o Meira, de novo Rubén nunha gran xogada de Rey e Mariñeiro, facendo así o hat-trick. O santaballés non se rendiu e nos últimos minutos Cascu conseguía o 3-2 nun balón rexeitado nun córner. O Meira FC defendeu e replegou nos últimos minutos os ataques do Santaballés e puido lograr a oitava victoria no que vai de liga. Colócase agora con 27 puntos no 6º posto, a 1 punto do Guitiriz, a 2 do Cervo, a 3 do Iberia e Santaballés e a 6 do líder, o Rioaveso.
O próximo encontro é na Lomba fronte o Iberia, no primeiro partido da 2ª volta. Agardamos que veñades apoiarnos ó igual que nos últimos enfrontamentos para poder sacar adiante estes difíciles compromisos e poder avanzar no taboleiro o máis arriba que poidamos.
Grazas afección!.

28/12/11

Proxecto novo estadio.


O Meira FC está de celebración, xa que o proxecto do novo campo está en marcha, e só queda buscarlle unha boa ubicación, ( seguramente ao lado da urbanización ). A financiación do campo será posible gracias a un seguro que o equipo levaba pagando desde fai algo máis de dúas décadas, e que agora lle permite a construcción do novo estadio.
O campo contará con amplas gradas, bar, e unhos vestiarios totalmente modernos, asi como unha pista de atletismo ao redor para a posible creación dun club de atletismo dentro do seo do Meira FC.
Aqui lles mostramos o proxecto do estadio, que se calcula que para finais de 2012-principios de 2013 estea totalmente finalizado.

20/12/11

S.D. MUIMENTA 0 – MEIRA F.C. 1

Victoria merecida do Meira F.C. o pasado Sábado no campo do Pichón. O Meira FC venceu nun partido bastante atípico xa que non realizou as diversas ocasións de gol das que dispuxo, pero que se adiantaria no marcador por parte de Rubén no 2º tempo. Co 0-1 chegaríase ó final do encontro, resultado corto pois puído ser de 0-3.
O Meira logra a terceira consecutiva logo de enfrentarse ó Guitiriz e Cervo, afianzándose nos postos altos da táboa. Tras o Muimenta, enfréntase ó Santaballés o dia 8 de Xaneiro na Lomba. Os dous seguintes serán contra o Iberia (5º clasificado) e Rioaveso(que está de 1º agora mesmo). Os próximos partidos serán decisivos xa que hai enfrontamentos directos e marcarán os postos de ascenso á 1ª rexional.
Esperámosvos na Lomba para que co voso apoio poidamos sacar adiante os próximos compromisos.

Dende a directiva desexarvos tamén a todos unhas FELICES FESTAS E FELIZ ANINOVO.

FORZA MEIRA!!!

S.D. CERVO 1 - MEIRA F.C. 2

O Meira FC vence na casa do líder da categoría, o S.D Cervo, o cal levaba 11 xornadas sen coñecer a derrota. O Meira conseguiu o máis difícil o día que con máis contratempos se viu. A multitude de baixas por motivos diversos fixo que no desprazamento Abel Fernandez Otero so contase con 11 xogadores de campo e o porteiro suplente. O equipo deu a cara e empregouse a fondo, tivo moito derroche físico e máis sabendo que non había recambios. O equipo estivo ben plantado todo o encontro e defendeu exitosamente ó Cervo. Realizou diversos contragolpes moi ben por parte de Mariñeiro e Rubén que fixeron moito dano. O equipo conseguía adiantarse antes do descanso por medio de Rubén. Pero sabía da complicidade que ía ter o 2º tempo... (sen cambios, fora da casa, o líder...) . A todos estes contratempos aínda se uniu o fallo arbitral, xa que Rubén e Mariñeiro elaboraron unha xogada na que Rubén chega a liña de fondo e colga un balón que Mariñeiro remata no centro da área e despois de golpear no largueiro acaba dentro da portería, saíndo este para fora de novo e non dando por válido o colexiado. O Cervo na seguinte xogada empata o partido. O desánimo e a crenza de inxustiza amargou as esperanzas pero os xogadores seguiron peleando e Rubén de novo volvía poñer o Meira por diante 1-2. Minutos despois ía quedarse con 10 pola expulsión de Fran. Chegaban os últimos 10 minutos nos que o Cervo, ó igual que todo o partido se adicou a xogar directo e a colgar balóns aéreos, os cales non lle foron suficientes, pois a zaga meirense aguantou as diversas embestidas.
Chegaba así o encontro ó seu fin, tras 5 minutos de desconto e un balón ó pao.

Agradecer o esforzo de todos os que xogaron e de todos os que se desprazaron para animarnos.

Sufrida victoria pero... máis que nunca FORZA MEIRA!!!

27/11/11

Meira F.C 3 - SD Guitiriz 0



O Meira FC consegue unha nova victoria na Lomba. O cadro de Abel Fernandez Otero faise cos 3 puntos contra un dos referentes da categoría nun partido moi bo dos locais. O primeiro tempo tivo algunha ocasión para adiantarse no marcador pero chegaríase o descanso con empate sen goles. Tras o descanso o Meira FC foi superior e dominou o encontro, así Rubén Fernández Rey abría a "lata" cunha boa xogada de Rubén. Máis tarde noutra chegada o balón queda morto ó borde da área e Fondoy Diego facía o 2-0. Nestes termos de dominio local unha xogada entre Rubén e Víctor López Hernández remataba co gol deste e conseguindo o 3º gol no marcador.

O Meira sitúase agora con 18 puntos, no 6º posto do taboleiro. A próxima xornada viaxamos para xogar contra o líder a Cervo e intentar conseguir algún punto.

Moitas grazas a todos polo voso ánimo.


FORZA MEIRA!!!

21/11/11

Sdr Sacido 1 - 1 Meira Fc

O Meira consegue un valioso empate fronte ao Sacido no encontro disputado este sábado en Viveiro. O conxunto que dirixe Abel fixo un bo partido en líneas xerais, gozando de ocasións para adiantarse no marcador, pero foi o Sacido o primeiro en adiantarse, na segunda metade, grazas a un penalti maxistralmente executado. No tramo final do partido o Meira conseguiu empatar mediante Víctor con un bo remate de cabeza tras un mal rexeite nunha falta. O Meira consegue asi un valioso punto que lle permite colocarse 8º con 15 puntos. O fin de semana que ven visitaranos o Guitiriz, un dos grandes da categoría. Esperamosvos na Lomba. Forza Meira !
Alineación: Mario,Jorge,Marcos,Dani,Julio,Hugo,Fondoy,Víctor,Miguel Pol,Rubén. Tamén xogaron César e Nito.

17/11/11

Meira FC 3 - 1 UD Folgueiro



O Meira logra unha nova victoria na Lomba. O partido foi bastante enrevesado, estando moi fora del o equipo local no primeiro tempo no que encaixou un gol. Tras o descanso os de Abel Fernandez Otero melloraron, presionaron ó Folgueiro na saída do balón e foron a polo partido. Vittin lograba o empate enviando ás mallas un córner botado por Rubén. O equipo seguiu presionando e Rubén conseguía o 2-1. Máis tarde e tras os cambios, unha gran xogada de Rubén era finalizada por Rey e facía o 3-1 final.
Destacar as dedicacións especiais dos tantos a Adolfo, a quen todos recordamos en cada encontro e quen seguro que nos axudou a remontar o partido.

Este partido sitúanos no 7º posto na zona tranquila da táboa, esperando seguir escalando posicións.

O próimo encontro será este Sábado 19 fronte ó Sacido ás 18:00 horas.

Forza Meira!